Asociación Cultural Río Barbeira

¿Quén somos?

Esta asociación constituíuse no ano 2.008 por veciños da Escuadra para a creación, o desarrollo e o mantemento dunha ruta de sendeirismo denominda "Tras os pasos do río Barbeira, ruta da liberdade".

Figuran tamén entre os seus fins a recuperación da etnografía próxima ao río Barbeira, e a promoción e divulgación do río Barbeira e o seu entorno. 

 

Para ser membro só hai que afiliarse e aboar unha cota de 5€ ao ano, calquera pode ser membro sen ter que ser veciño da Escuadra (O Verdugo, O Peso, As chozas, San Lourenzo, Barbeira e Carrizáns).

¿Qué facemos?

O noso obxectivo é manter accesible os camiños por onde transcorre a nosa ruta, con xornadas de traballo consistentes en rozar o mato das beiras do itinerario.

Esta labor realízouse ata agora cos internos do Centro Penitenciario da Lama e con membros da nosa asociación, sendo o Concello da Lama o que se encarga do transporte e do combustible necesarios para cada xornada. Na actualidade as labores de limpeza e acondicionamento da ruta realízanse cos fondos existentes na Asociación.

A ferramenta e maquinaria empregada nos traballos é propiedade da Asociación.

 

Ademais dos traballos de limpeza, organizamos anualmente antes do verán unha festa aniversario, que se desenvolve cada ano nunha aldea da Escuadra.

En torno a esta festa se crea unha actividade paralela para atraer visitantes e promocionar a ruta.

Os espantallos foron os protagonistas nestes anos anteriores e axudaron moi significativamente a dar a coñecer a nosa comarca.

A Ruta

Descripción / Itinerario

Esta ruta nace e morre na parroquia de Escuadra. Iniciase na desembocadura do río Barbeira, no lugar do Verdugo, e vai en busca  do seu nacimento, pasando polas aldeas do Peso, As Chozas, San Lorenzo e Barbeira. Unha vez aí o camiño diríxese a Covelo, cruzándose con outra ruta que chega a Sta. Mariña, Roteiro da Escuadra, lugar de nacimento do río Barbeira. En Covelo seguiráse en dirección ao Peso pasando por Vincurada e Carrizáns, coincidindo coa ruta Tras os pasos do Camiño Real pero en sentido contrario á nosa dirección. Chegado ao Peso vólvese ao Verdugo polo tramo de inicio da ruta.

Existen varias derivacións como nas Chozas para ir a uns muiños, no Cabaniño para ir a un foxo do lobo e, chegando a Carrizáns para encontrarse co Río Verdugo e os pasos de poldras, un muiño e un peto de ánimas.

Plano da ruta

Tríptico da ruta

Magosto da ruta do río Barbeira na aldea de Barbeira. 31 de outubro de 2011

Chegado o tempo das castañas organizamos o magosto. Tocaba organizar algo en Barbeira e os veciños puxeron a disposición da Asociación as súas instalacións cubertas para a celebración do magosto. Churrasco, chourizos, pan, castañas asadas e cocidas, viño e café foi o menú. E para esta ocasión tivemos a magnífica actuación dos compoñentes de SON DAS TABERNAS que nos deleitaron con música festeira e tradicional galega. Ah!, e as castañas foron dos castiñeiros que se encontran no entorno da ruta, mais concretamente nos lugares de Súa Lomba e Volta do río, os dous preto de San Lorenzo.

3ª Festa aniversario. Festa do carro. San Lorenzo. Maio 2011

Esta galería de imaxes corresponden ao día da festa que esta asociación ven celebrando cada ano coincidindo co aniversario da inauguración da ruta. Este ano a festa foi en San Lorenzo e estivo adicada ao carro. Tivemos unha parella de vacas, Cuca e Rubia, que acompañadas polo seu dono, Pepe da Xesteira, fixeron o tramo da ruta entre O Peso e San Lorenzo tirando por un carro. Unha vez no adro da capela de San Lorenzo tivo lugar a exposición de carros que trouxemos das casas da zona, a proxección de videos sobre os carros e unha merenda popular da que participaron moitos veciños e amigos da ruta do río Barbeira.

A ruta en internet

Na seguinte dirección poderánse ver imaxes da ruta tales como da etnografría, da paisaxe, das iniciales labores de limpeza para a apertura da ruta, así como de cando se inaugurou e dos eventos organizados para a promoción desta ruta. 

www.youtube.com/results?search_query=davidu70&aq=f

 

Nestras outras direccións atópanse fotos, comentarios, e blogs de grupos de sendeirismo con mais información da Ruta do río Barbeira:


http://sudandobotas.blogspot.com/2010/12/tras-os-pasos-do-rio-barbeira-ruta-da_13.html

 

http://grupodeandainasriasbaixas.blogspot.com/2011/05/senda-del-rio-barbeira.html

 

http://www.flickr.com/photos/gaby1/sets/72157625570667966/

 

http://picasaweb.google.com/squerejeta/TrasOsPasosDoRioBarbeira#

 

http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=1346190